Caballero pide “un voto masivo nestas primarias”

photo_camera Gonzalo Caballero xunto á alcaldesa Noelia Rodríguez
Caballero pechou a campaña das primariasen varias localidades galegas entre as que destacou a súa presenza en Ribadavia

Gonzalo Caballero pechou este venres a campaña das primarias con actos en varias localidades galegas entre as que destacou a súa presenza en Ribadavia. Nesta última xornada, pediu “un voto masivo nestas primarias a toda a militancia para avanzar co PSdeG e non retroceder, para construír o futuro e non caer nos erros do pasado. Para conseguir, entre todos e todas, que o PSdeG siga avanzando e gañe en Galicia”, chamando tamén a “un voto libre, en conciencia e sen ningún tipo de presión”.

Subliñou ademais “defender un proxecto que está na esquerda, que é feminista, ecoloxista e galeguista. Un proxecto gañador dentro, coa forza da militancia, para gañar fóra, cos galegos, e acadar a presidencia da Xunta cunha iniciativa de esquerdas e galeguista, que confronta coas políticas de Feijóo”.

Te puede interesar