O Ribeiro

O cartel da Festa da Istoria recibirá un premio de 600 euros

O Ribeiro

O cartel da Festa da Istoria recibirá un premio de 600 euros

A coordinadora organizadora da Festa da Istoria convoca un concurso de carteis co fin de elexir o que divulgará o evento, que se celebrará os días  28 e 29 do próximo mes de agosto. O prazo para a recepción dos traballos remata o 19 de abril e poden participar todos os que o desexen, agás os membros da coordinadora e da fundación Festa da Istoria, podendo presentar un máximo de dúas obras e sendo condición indispensable que  sexan inéditas. 

O autor do cartel gañador, que será a imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Nacional, recibirá un premio de 600 euros O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da arte e o deseño e por membros da fundación.

Os interesados en participar no concurso terán que presentar os traballos ata o próximo 19 de abril

A decisión do concurso darase a coñecer o próximo 25 de abril e a decisión será definitiva facéndoa pública nos medios de comunicación, na web e en redes sociais.

O concurso poderá ser declarado nulo se os carteis presentados non acadan a calidade desexada e, segundo se contempla nas bases do concurso, poderán ser obxecto de exposición ou reprodución por parte dos convocantes, sen que se lles dea dereito a ningunha compensación para os concursantes. A obra gañadora será a imaxe da Festa da Istoria 2020 e todos os carteis impresos seguirán sendo propiedade da Fundación Festa da Istoria.