FEIRA DO VIÑO

O cartel para a Feira do Viño, obra dunha artista arxentina

<p></p>
photo_camera O presidente do Consello Regulador, Felicísimo Pereira, pousa co cartel elexido e os miembros do xurado.

O traballo foi seleccionado por un xurado multidisciplinar entre as 188 obras que optaron ao certame

O cartel gañador da a 54ª Feira do Viño do Ribeiro está deseñado pola profesional Agustina Jouandon, orixinaria de Arxentina e actualmente afincada en Santiago de Compostela. Foi elixido entre 188 propostas presentadas nesta edición do concurso. O xurado reuniuse onte na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2017, que terá lugar na vila ribadaviense do 29 de abril ao 1 de maio.

Para a elección do cartel, os organizadores da feira, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia, contaron cun xurado multidisciplinar integrado por profesionais no ámbito das artes, comunicación e deseño gráfico. Ao longo da xornada de deliberación preto de 200 obras participantes foron sometidas ao xuízo destes profesionais, resultando a obra gañadora premiada con un premio de 1.500 euros.

Participaron como membros do xurado: a xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá; a concelleira de Cultura, María Touza; o director do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de Ourense, Francisco González Bouzán; o profesor no grao de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo, Xosé Rúas; o creativo de La10@planta e  coordinador da OurenseIccWeek, Manuel Araújo; o director creativo da axencia Incubarte Creatividad Multicanal, Jaime Díaz; a xornalista de Faro de Vigo, Adela Ferradás; o fotógrafo de La Voz de Galicia, Santi M. Amil e o xefe de publicidade de La Región, Moncho Novoa.

Nesta edición xa confirmaron a súa presencia no recinto da Alameda un total de 42 productores, 15 adegas e 27 colleiteiros. Ao mesmo tempo, a organización xa anunciou a presenza do sumiller Daniel Marín, que será o encargado de guiar unha cata por parellas . Ademais, o primeiro obradoiro de cociña terá como protagonista a Daniel López, cociñeiro do Restaurante O Camiño do Inglés, de Ferrol (A Coruña) e tamén se contará con Iván Domínguez, chef do Restaurante Alborada (A Coruña), pertencente ao Grupo Nove e que conta cunha Estrea Michelin, acompañado do sumiller Eduardo Camiña Ucha.

Deseñadora, ilustradora e residente en Santiago

Agustina Jouandon, gañadora do concurso para a elección do cartel da imaxe da Feira do Viño do Ribeiro, é deseñadora gráfica e ilustradora con máis de sete anos de experiencia. Rematou os seus estudos na Universidad de Buenos Aires e traballou en varios estudos de deseño para grandes marcas e medios de comunicación de Argentina. Traballou en Suecia, onde dirixiu o departamento de comunicación The Connectors Society dedicada á innovación social. 

Ademais, participou en distintas mostras como “Inspiration Fest Buenos Aires”, “Fête du graphisme” en París, STPLN Window Project, Malmö, entre outras. Afincada actualmente en Santiago de Compostela, desenvolve a súa actividade laboral na área de la ilustración.

Te puede interesar