INICIATIVAS

A Casa Niño de Castrelo ocupa unha antiga escola

<p></p>
photo_camera Imaxe da Casa Niño inaugurada en Castrelo de Miño

Este proxecto está enfocado á atención de nenos de tres meses a tres anos de idade en núcleos rurais de Galicia.

Castrelo de Miño conta desde onte cunha Casa Niño, un novo servizo gratuíto destinado ao coidado de nenos de ata tres anos a través dun programa promovido pola Xunta de Galicia. A Casa Niño Os Paxariños, ubicado na parroquia de Prado de Miño, na antiga escola Prado-Vide, está xestionada por Alba García, técnico en Educación Infantil. Este proxecto está enfocado á atención de nenos de tres meses a tres anos de idade en núcleos rurais de Galicia. O presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, inauguraba na pasada semana a Casa Niño, en Laias (Cenlle), destacando na provincia de Ourense outras instalacións antes de que finalice este ano, en Baños de Molgas, Leiro, Maside, Carballeda de Avia e Manzaneda, algunhas xa en funcionamento,

Casa Niño Os Paxariños ten un horario continuado de oito horas, de 8,00 a 16,00, e ten capacidade para cinco prazas, das que catro xa están cubertas. O servizo préstase en 60 metros cuadrados da remodelada antiga escola pública municipal de Prado e Vide e conta con cinco berces, unha zona común, cinco hamacas para bebés e outras tantas tronas. Ademais, as salas, así como o mobiliario e o resto do equipamento, teñen os sistemas de seguridade que a normativa esixe para este tipo de servizos.

Este proxecto está promovido pola Xunta, financiado parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e está destinado aos núcleos rurais de menos de 5.000 habitantes.

Te puede interesar