Castela Auriense seleccionará un anagrama para a I Feira da Noz

A Asociación Castela Auriense organiza a primeira Feira da Noz, que se celebrará en Berán (Leiro) o vindeiro día 13 de outubro. Con tal motivo convoca un concurso de ideas para
o deseño do anagrama que a identificará en adiante.

A asociación considera que deberá ser o máis simple posible pero suficientemente identificador, valorándose a simboloxía das noces. Tamén ten que estar deseñada nunha única cor, que poderá ser cambiada.

Os participantes entregarán en sobre pechado os datos do autor a calquera membro da entidade, rematando o plazo ás 20.00 horas do día 8 de setembro. A compensación para o ganador será a publicidade que se lle faga e un agasallo sorpresa o mesmo día da feira.

A finalidade desta iniciativa consiste en promocionar este froito, que os da asociación consideran que está mal aproveitado nesta zona. Nese senso, móstranse dispostos a establecer un convenio en relación o coste cos propietarios de nogais para encargarse de recoller as noces e poñelas á venta na feira, segundo indican.

Te puede interesar