TORRES E CASTELOS

Castelo de Ribadavia

Foto castillo de Ribadavia
photo_camera Unha das portas do castelo de Ribadavia.

O castelo de Ribadavia é un dos mellores símbolos identificadores con que conta a capital do Ribeiro.

Torres, castelos, fortalezas, xustas e festas medievais, todo un imaxinativo mundo festivo que lembra un pasado relacionado co medievo. Moitas son as celebracións vencelladas cunha época na que o pequeno comercio artesanal, a caza, a cetrería e máis as xustas e torneos eran o mellor expoñente festivo dunha data no que o poder maila forza das armas desempeñaban un factor primordial no desenrolo da vida cotián tanto dentro do pobo chan como da nobreza. É por elo que actualmente moitas son as vilas e cidades nas que en determinadas datas celebrarse eventos relacionados co medievo, tal e como acontece ca xa popular, enraizada, concorrida e recoñecida “Festa da Istoria” desenrolada durante o mes de setembro na vila ourensá de Ribadavia.

A capitalidade do Concello do Ribeiro engloba un importante Conxunto Histórico Artístico Nacional, declarado como tal no ano 1947, considerado como un dos máis importes a nivel artístico cultural da provincia de Ourense. O castelo de Ribadavia é un dos mellores símbolos identificadores con que conta a capital do Ribeiro. Instituído o Señorío da Vila no ano 1375, mediante doazón real por parte de Enrique II de Trastámara en favor de Pedro Ruíz Sarmiento, parece ser que foi a orixe ou punto de arranque da construción da súa necrópole ademais da súa fortaleza. Así, o castelo asentouse sobre os restos dunhas torres anteriores, ademais de ocupar o solar no que erguíase a pequena igrexa de San Xez.

Por outra banda, os señores de Ribadavia contaban cun palacio situado na praza da Vila, actual da Madalena, lugar da súa residencia temporal, polo que a utilidade do castelo resultaba escasa como mansión señorial o que, ao longo do tempo, ocasionaría polo custoso do seu mantemento, o seu descoido ca conseguinte posterior ruína.  

No 1386 o castelo sufriu o ataque das forzas invasoras do duque de Lancaster. Na segunda metade do século XV, a instancia do conde Bernardino Pérez Sarmiento, quinto señor de Ribadavia, iniciouse unha nova construción da fortaleza señorial que, con bastantes modificacións, sobre todo a finais do século XVII, e trala compra aos señores da familia Neira Gaset e posterior venda ao concello, chegaría en mal estado ata os nosos días.

A recinto principal do castelo ten forma poligonal, tendendo a cuadrangular, rodeado polo que resta da muralla construída en cadeira regular, sen ben en algúns dos seus puntos apreciase un incipiente uso de sillares pétreos, de xeito un tanto irregular. Na actualidade permanece en pé unha cerca de 5,50 metros de altura, paralela á estrada N-120, ademais doutro tramo orientado cara o sur, que chega ata o río Avia.

Iniciouse a construción do recinto amurallado nos tempos do monarca García, no último cuarto do XI, reforzándose durante o século XIV, baixo o señorío dos Sarmiento. No ángulo noroccidental érguese un alta torre, de planta rectangular, na que intercálase o lenzo da propia muralla. A principal, que atopábase protexida por dous cubos ou torres cilíndricas de tres metros de diámetro, unha delas actualmente perdida, contén diversas troneiras, consistentes en ocos con forma xeométrica de ferradura invertida deseñadas para o ensamblaxe das armas de fogo. Entre ambas ábrese unha porta formada por un arco semicircular de medio punto construído a base de doelas. Sobre dúas impostas paralelas horizontais sitúanse dúas labras heráldicas decoradas cas armas dos Sarmiento: trece roeres de oro en campo de gules acompañado do símbolo dos Fajardo, consistente en tres rocas de su casar en campo de oro, sobre ondas de azur e prata e tres ramos de ortiga, de tres follas cada un, todo enmarcado por un lema escrito en letra gótica alamana do século XV.

No interior do patio de armas quedan so os pavimentos, desaparecidas as divisións interiores, o que permite unha perfecta visión da necrópole medieval existente, consistente nunha ducia de sepulcros antropomorfos labrados na rocha viva. De igual modo consérvase parte dos restos do camiño de rolda sobre a muralla, grosos muros, grandes fiestras así como as ruínas dunha grande cheminea decorada co escudo condal. 

Do que en outro tempo foi un fermoso xardín nada queda trala construción dun complexo deportivo e posteriormente un auditorio. Das catro antigas portas de entrada ou saída cara Ribadavia existían as denominadas como Porta da Vila da Abaixo, a de San Martiño, da Vila de Arriba ou de Santo Domingo e a da Fonte da Prata, só conservándose na actualidade esta última ademais do coñecido como Postigo ou Porta Falsa, situada cara o río, moi utilizada como escape polos xudeus en tempos de crise.

A construción en cadeira labrada e disposta en fiadas regulares, a pesares da desfeitas sufridas ao longo da súa axitada historia, amosa a forma construtiva dunha grande fortaleza de agradable aspecto arquitectónico e militar utilizada como centro de defensa da vila sendo, pola súa disposición, unha das máis interesantes e representativas das existentes en Galicia. 

Te puede interesar