PLAN DE VIVENDA

Castrelo aprobou en oito anos 517 licencias de obra

O concello de Castrelo de Miño ven desenvolvendo desde o ano 2008 un Plan de Vivenda chamado “Castrelo para vivir”, que se foi consolidando co paso dos anos.

O concello de Castrelo de Miño ven desenvolvendo desde o ano 2008 un Plan de Vivenda chamado “Castrelo para vivir”, que se foi consolidando co paso dos anos. Forma parte dunha aposta municipal para mellorar os servizos de atención e asesoramento urbanístico aos seus veciños, para fomentar a rehabilitación das vivendas, e o asentamento poboacional. 


Así, no servizo de urbanismo, desde o ano 2008 e ata decembro do 2015, tramitáronse licenzas para construcións, rehabilitacións e reformas de 517 casas (1 de cada tres casas do Concello). Por un lado, 64 son licenzas de obra maior de novas construcións ou reformas integrais. Polo outro, 453 son licenzas de obra menor, de acondicionamento das casas para unha maior habitabilidade. 


Entre as medidas que adoptou o Concello para conseguir estes resultados figuran a colaboración da Consellería de Vivenda para contar cos servizos dun arquitecto; tamén se asinou un convenio con catastro para crear nas oficinas municipais un Punto de Información Catastral. Ademais,  creouse o apartado Vivenda na web municipal.

Te puede interesar