CASTRELO DE MIÑO

Castrelo crea bolsas de emprego para asistir a maiores

A corporación creará unha listaxe baremada para contratar de xeito inmediato cando falten os traballadores municipais.

O Concello de Castrelo de Miño proxecta crear dúas bolsas de emprego con fin de dispoñer de persoal cualificado para realizar as sustitucións por baixa ou vacacións das persoas actualmente contratadas no servizo de asistencia a domicilio e para a vivenda comunitaria dos maiores. Con tal motivo, ten aberto o prazo ata o vindeiro 30 de novembro para que as personas interesadas en formar parte desas bolsas presenten as correspondentes instancias.

A finalidade é o establecemento dunha listaxe baremada de aspirantes para a cobertura dos postos de traballo na categoría de auxiliares de axuda no fogar, que permitirá a contratación inmediata por parte do Concello cando falte algún dos traballadores.

Os aspirantes poderán recolle-las bases de selección nas oficinas municipais en horario de 8,00 a 15,00 horas, de luns a venres. n
 

Te puede interesar