Castrelo de Miño crea un polígono de viñedo de 50 hectáreas

uploaded_castrel_resultado
photo_camera José González e Avelino Pazos.
A iniciativa busca recuperar e poñer en valor as terras agrarias do Ribeiro

A Xunta e o Concello de Castrelo de Miño colaborarán para a posta en marcha dun proxecto piloto de polígono agrario de viñedo de arredor de 50 hectáreas neste municipio Así o acordaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde da localidade, Avelino Pazos, nunha xuntanza de traballo en San Caetano. 

O titular de Medio Rural explicou que esta iniciativa se enmarca na planificación integral que está a realizar o seu departamento para a recuperación e posta en valor de terras agrarias no Ribeiro e da que tamén formará parte un polígono semellante en Leiro, É unha planificación que toma como base a riqueza vitivinícola da bisbarra para impulsar o seu agro a través de figuras como esta dos polígonos, que contempla a futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Nesta xuntanza tamén se avaliaron os traballos para mellorar as infraestruturas rurais. Nesta liña, o conselleiro lembrou que este municipio benefíciase dunha achega total de 73.000 euros entre os anos 2020 e 2021.

Te puede interesar