Castrelo de Miño cambia o alumeado para aforrar enerxía

O consumo eléctrico do alumeado público no concello de Castrelo de Miño supón o equivalente a máis das dúas terceiras partes do consumo por todos os conceptos. Aforrar e optimizar o uso da enerxia é un obxectivo prioritario para o Concello, según manifestou o alcalde, Xurso Rodríguez, 'tanto desde a óptica da mellora do medio ambiente como da reducción do gasto e o aforro en tempos de crise'.
Ante tal situación o concello de Castrelo de Miño estimou preciso racionalizar o consumo enerxético das intalacións do alumeado público, para o cal se redactou un estudo que analizou as opcións máis apropiadas para este municipio. En base a este estudo durante os anos 2008 e 2009 xa se realizou a substitución e mellora dos antigos alumeados de Barral, Prado de Miño, Vide de Miño, Astariz, Casardeita, Fondo de Vila, Meizo e o Couso.

No mes de agosto deste ano procedeuse á substitución nos pobos de Freás e A Cancela do antigo alumeado. Esta obra está cofinanciada polo Instituto enerxético de Galicia (INEGA), e o Concello de Castrelo de Miño, cun importe total de 82.000. O sistema contará cun ordenador de control desde o que se realizan as tarefas de supervisión de toda a nova instalación. Con este sistema, os técnicos do Concello controlan o funcionamento desde o centro de telexestión.

Te puede interesar