NATALIDAD

Castrelo de Miño dará axudas para adopcións e nacementos

O Concello de Castrelo de Miño anuncia que concederá axudas por nacemento ou adopción de fillos residentes en Castrelo de Miño durante o ano 2016.

O Concello de Castrelo de Miño anuncia que concederá axudas por nacemento ou adopción de fillos residentes en Castrelo de Miño durante o ano 2016. Os beneficiarios serán os proxenitores, xa sexan casados, parellas de feito ou familias monoparentais que tivesen descendencia no ano 2016, e os adoptantes ou acolledores de menores de ata 6 anos que obtivesen a resolución xudicial no ano 2016.

Os prazos para facer a solicitude será ata o 15 de decembro para nacementos e adopcións que tiveran lugar con anterioridade a esta data. Se o nacemento fose posterior ó 15 de decembro terán de prazo ata 15 días despois do nacemento ou adopción, segundo publica nun bando o Concello de Castrelo.

Te puede interesar