O RIBEIRO

Castrelo de Miño promociónase coas imaxes dun almanaque

Dentro da programación do Nadal está previsto hoxe un concerto da coral de Ribadavia 

 

O Concello de Castrelo de Miño mantén un ano máis a tradición de editar un almanaque no que se recollen fotografías de aqueles lugares máis emblemáticos do municipio. Nestes días inicia o reparto desta nova publicación que, entre os seus principais obxectivos está o de promocionar o concello como destino turístico, segundo sinalaban as autoridades municipais, cando se puxo en marcha esta iniciativa fai varios anos.

Tódolos los veciños recibirán nas súas casas un exemplar durante estes primeiros días do novo ano e a partires da segunda semana de xaneiro, tamén se poderán solicitar máis copias nas oficinas municipais co fin de que sexan os propios veciños de Castrelo de Miño os que o repartan.

Durante estas festas de Nadal, o Concello organizou un variado programa de actividades dirixidas a todos os públicos. Dentro da referida programación figura para hoxe a actuación da Coral de Ribadavia, ás 12,00 horas, na Igrexa de Macendo, e para o vindeiro 6 de xaneiro está prevista a Cabalgata de Reis, con saída ás 16,00 horas para facer un recorrido por os distintos pobos de Castrelo de Miño e rematar no pavillón do colexio, en Astariz. Ademais, haberá teatro o 9 de xaneiro. "A zapateira prodixiosa" será interpretada polo Obradoiro Municipal de Teatro de Castrelo de Miño, ás 19,00 horas, no salón de actos do concello.

Te puede interesar