O alcalde adianta a edición impresa do arquivo cedido polos veciños

Castrelo promove unha web para imaxes antigas

Os internautas teñen dende onte a posibilidade de entrar nunha nova páxina creada polo Concello de Castrelo de Miño para promocionar en imaxes o seu pasado histórico, gracias as aportacións particulares do arquivo fotográfico dos veciños.
Así, na dirección de internet www.memoriadecastrelo.org pódense visitar varias seccións temáticas, como ceremonias, patrimonio, lecer, paisaxe, retratos e traballo, que están acompañadas doutra nas que se identifica ás persoas ou familias do municipio que proporcionaron as fotografías.

Marcos Rúa, da empresa carballiñesa Nubestudio, encargada da producción desta web, sinala que 'comezamos a recoller as fotos no mes de xaneiro e estivemos traballando durante dous meses para ter a páxina lista nos primeiros días de marzo'. Cun orzamento aproximado de 5.000 euros, esta iniciativa do Concello 'ten coma obxectivo dispor dun banco de imaxes que reflexe o pasado e o presente de Castrelo', apunta o alcalde, Xurxo Rodríguez.

Neste sentido, o rexedor anima ós veciños a participar activamente coa incorporación de novas fotografías dos seus albums familiares. Xurxo Rodríguez comenta que 'temos prevista a edición dun pequeno catálogo impreso que recolla unha escolma das instantáneas máis interesantes'. Esta web é a segunda que sae de Castrelo, tra-la introducción da páxina institucional www.castrelo.org.

Te puede interesar