SEGURIDADE VIAL

Castrelo e Santo André opóñense as novas sinales nos seus accesos

O BNG considera que non se xustifican os argumentos esgrimidos pola consellería de mellora da seguridade via

O grupo municipal do BNG de Ribadavia reclama á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que atenda a petición dos veciños de Santo André que mediante a recollida de sinaturas solicita que se pare a nova sinalización da OU-211 e se coloquen espellos para mellorar a seguridade vial. "Debe dar marcha atrás nas súas intencións de mudar a sinalización ao igual que na OU-402 ao seu paso por Castrelo de Miño, nas que se pretende transformar zonas de liña discontinua en liña continua que impide os xiros e incorporacións de vehículos onde agora si está permitido", sinalan.

Nese senso, o BNG considera que non se xustifican os argumentos esgrimidos pola consellería de mellora da seguridade vial, xa que dende que hai tres anos se produciu o arranxo e sinalización do vial non se rexistrou ningún problema de seguridade derivado dos xiros e incorporacións de vehículos á vía pública que agora se queren prohibir.

A sinalización desta estrada é a mesma que a existente en calquera outra travesía urbana, segundo sinala o BNG, "nas que a velocidade está limitada e se facilitan as entradas e saídas a garaxes e rúas. Ademais, cando se reparou o firme en 2011, dispuxéronse pasos sobreelevados que reducen a velocidade dos vehículos", engadiu.

En Castrelo de Miño, os veciños están cubrindo impresos para facer a mesma reclamación, e mostraron o seu malestar porque se deixa línea discontinua, precisamente, nun tramo perigoso da intersección coa autovía, para favorecer a un empresa de áridos, según afirman os veciños.

Te puede interesar