Unha cata sirve de prólogo á festa de exaltación dos tintos de Cenlle

A localidade de Cenlle acolle hoxe a séptima edición da 'Festa do Viño Tinto', que comezará ás 10.30 horas cunha degustación gratuita dos afamados caldos na pista polideportiva do colexio público. Un viño que tamén poderá ser catado na 'Ruta das adegas', cun percorrido de 11.00 a 13.30 horas por sete casas de colleiteiros, previo abono de cinco euros que dan dereito a unha taza conmemorativa.
Para as 14.00 horas está previsto un xantar de confraternidade ó prezo de 12 euros, con empanada, lacón, chourizos e outros ingredientes dun amplo cocido, postre e café. A charanga 'Entreamigos' poñerá o punto musical desta celebración, á que se prevé acudan unhas 700 persoas.

Según os organizadores, o evento ten coma obxectivo 'dar a coñecer o tinto de Cenlle en toda a comarca do Ribeiro e resto da provincia, e potenciar a súa comercialización'. Engaden que 'a festa tamén serve de intercambio xeracional entre os nosos veciños'.

Te puede interesar