SERVIZOS | TRANSPORTE

Cenlle autoriza un taxi con descontos na tarifa

Para beneficiarse desa tarifa social, os clientes deberán pedir unha cita previa, mediante a solicitude do servizo con 24 horas de antelación ás oficinas do Concello

O Concello de Cenlle puxo en marcha o proceso para a adxudicación dunha praza de taxi coa que pretende paliar a falta dun servizo de transporte público. As bases para optar ao concurso público xa foron publicadas e entre as condicións que máis puntuan figura o dispor dun vehículo de nove prazas e a aplicación dunha tarifa social, con descontos para os veciños ao desprazarse ata o Concello ou ó Centro de Saúde. Para beneficiarse desa tarifa social, os clientes deberán pedir unha cita previa, mediante a solicitude do servizo con 24 horas de antelación ás oficinas do Concello. Como contrapartida do dereito dos usuarios á tarifa social, aqueles estarán obrigados a comparti-lo vehículo, percibindo o taxista a tarifa social de cada un deles.

A mesa de selección valorará o número de prazas do vehículo, entre sete e nove, e o porcentaxe de desconto na tarifa social, entre o 20% e o 40%. No caso de empate, outorgarase a licenza ao que teña a praza do taxi de Cenlle.

Te puede interesar