Cenlle conciénzase fronte á violencia de xénero

O Concello de Cenlle pon en marcha un programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Trátase dunha campaña que está dirixida a toda a poboación dos municipios do concello pero a que tamén poden asistir veciños doutros concellos.

Dará comezo este venres día 28 ás 20,00 horas coa actuación de Lorena Pinheiro na Praza da Tenencia en Cenlle. Consistirá no monólogo "Seica", unha recopilación de contos e faladurías recollidas na súa parroquia e no seo da súa familia. Acompañado de pequenas intervencións musicais coa pandeireta da súa avóa.

A campaña inclúe tamén obradoiros abertos a toda a cidadanía que se desenvolverán durante os próximos meses e representacións artísticas que rematarán co acto do 25 de novembro. 

Te puede interesar