emprego

Cenlle recibirá axudas para o emprego e fomento comercial

Gabriel Alén, xunto ó conselleiro de Economía, Francisco Conde.
photo_camera Gabriel Alén, xunto ó conselleiro de Economía, Francisco Conde.
O alcalde da localidade e o conselleiro de Emprego abordaron medidas para impulsaro emprendemento e a actividade turística na zona

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, na que abordaron, entre outros temas, medidas que poidan impulsar o emprendemento e a actividade turística na zona. O responsable do departamento autonómico destacou a aposta que a Xunta está realizando por fixar poboación no rural a través de medidas que fomentan a creación de emprego e apoian a cultura emprendedora en todos os concellos, axudando a dinamizar a súa economía.

Neste sentido, Francisco Conde puxo en valor o interese amosado polo municipio de Cenlle para participar neste tipo de iniciativas, referíndose ás vantaxes que ofrece ser Concello Emprendedor. Os municipios que se integran nesta iniciativa da Xunta teñen prioridade en programas de axudas vencelladas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.

Coma contrapartida, o Concello comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio. "A adhesión  a este convenio que a Xunta ten firmado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) é mostrar interese pola dinamización da actividade económica e empresarial do rural en Galicia", suliñou o conselleiro de Economía na súa reunión con Gabriel Alén.


Programas


Ademais, Francisco Conde proporcionóulle a Alén información sobre os programas de emprego que o Goberno galego está a impulsar co obxectivo de incrementar as oportunidades laborais dos galegos, con especial atención ao rural. É o caso de iniciativas como os programas de Aprol Rural -para a contratación de desempregados-, axudas das que o Concello de Cenlle foi é beneficiario.

Te puede interesar