LA VUELTA 2016

Cenlle ultima os preparativos para acoller La Vuelta

Ademais de habilitar unha zona de estacionamento para turismos e autocares cunha capacidade de 2.000 vehículos, o Concello tamén abrirá unha ludoteca para os cativos, con xogos e xantar totalmente gratuítos. 

O municipio de Cenlle disporá de áreas de esparcemento para todos os veciños e visitantes que se acheguen o sábado para asistir á saída da primeira Etapa da Volta Ciclista a España, que partirá dende o Balneario de Laias. Ademais de habilitar unha zona de estacionamento para turismos e autocares cunha capacidade de 2.000 vehículos, o Concello tamén abrirá unha ludoteca para os cativos, con xogos e xantar totalmente gratuítos. 

O alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, suliña que "poñemos tódolos medios á disposición da xente que veña a disfrutar desta etapa inaugural da Volta, aquí poderán descansar, xantar e bañarse na nosa área termal". Deste xeito, o Concello tamén fletará transporte para os propios veciños dende a capitalidade municipal ata Laias, mentres a Deputación, ó traverso do Inorde, tamén o fará en diferentes horarios dende a cidade.

Te puede interesar