César Fernández acusa á oposición de bloquear melloras sociais

César Fernández considera que a oposición utiliza os orzamentos para desgastar ao goberno municipal

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, considera que algúns grupos da oposición queren utilizar o orzamento que hoxe se debatirá no pleno "como ferramenta para desgastar ao goberno bloqueando unha serie de melloras necesarias no eido social e nos servizos municipais que en moitas ocasións eses propios grupos apoiaron no pleno municipal". Engade, ademais, o rexedor que "resulta sorprendente que PSOE e Ribeiro en Común critiquen o feito de introducir investimentos prioritarios na memoria de alcaldía, cando esa foi a fórmula que eles mesmos empregaron para aprobar o orzamento do ano 2017".

Fernández advirte que os grupos que voten en contra estanse opoñendo ás achegas ás asociacións que dinamizan a vila, ao servizo integral de conciliación, ao transporte ao comedor escolar, á limpeza viaria no rural, ao incremento salarial dos traballadores, á compra de novo material e vestuario, a aumentar un 19% a partida destinada a investimento social e a varias obras importantes.

Te puede interesar