O RIBEIRO

Chao presenta “El Ribeiro, mucho más que un vino”

20190628205426440_result
photo_camera Juan Casares, José Luis Chao e César Llana.

O traballo de José Luis Chao Rey é unha recopilación de documentos históricos, literarios e musicais

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolleu este venres a presentación do libro de José Luis Chao Rey, "El Ribeiro, mucho más que un vino". O evento estivo presidido por Juan  Casares, presidente do CRDO Ribeiro, e César Llana, director do Museo. No mesmo participaron tamén os poetas Xosé Lois García, Paco Ledo e Nestor Fernández así como a cantante Maika Vilar, que leron poemas e interpretaron cancións populares do Ribeiro. 

O traballo de José Luis Chao Rey é unha recopilación de documentos históricos, literarios e musicais; así como testemuños monumentais que loan e avalan a categoría do viño do Ribeiro con máis de mil anos de historia, acadando sona dentro e fóra das súas fronteiras. 

O autor salientou que "é un libro, que tendo ao viño do Ribeiro coma protagonista, nos leva a facer un percorrido a través de 10 séculos da nosa historia e nos achega unha serie de aspectos que permitirán ao lector descubrir a comarca do Ribeiro dende outra perspectiva. Arte, cultura e identidade camiñan da man neste paseo pola comarca do Ribeiro".

Te puede interesar