O Concello amplía a súa oferta deportiva no pavillón

O Concello de Ribadavia suma dúas novas ofertas deportivas no Pavillón Municipal O Consello, que comezarán o próximo día 1 de outubro. Trátase dunha clase dirixida con soporte musical zumba, impartida pola monitora María Chousal, cun mínimo de 10 persoas, prevista para os martes e xoves, de 09,30 a 10,30 horas, con posibilidade de solicitar diferentes horarios.

A outra modalidade é de adestramento de alta intensidade de iniciación ao cross-fit-training, a cargo do monitor Jesús Olmedo, que se impartirá os venres, entre as 20,00 e as 21,00 horas, e os sábados de 10,00 a 11,00 horas.

Todas as persoas interesadas deben realizar a inscrición no servizo municipal de deportes. Ademais destas novas disciplinas, tamén continúan as actividades dirixidas de spinning, pilates, a deportiva funcional, zumba e aerobic, e circuíto hit.

O Concelleiro de Deportes, Enrique Rodríguez, recorda que é un pavillón de deportes referencial en toda a comarca do Ribeiro, e mesmo na provincia, que sen dúbida merece obter un maior apoio das administracións como Xunta e Deputación para a mellora permanente dunha instalación que debe contar co mesmo apoio que reciben outros pavillóns con moitos menos usuarios que o de Ribadavia, segundo sinala o responsable municipal de Deportes.

Te puede interesar