SERVICIOS

O Concello de Beariz ampliará as instalacións da súa biblioteca

A biblioteca ten unha superficie de 106 metros cuadrados que se ampliarán a un almacén adosado

O concello de Beariz traballa nun proxecto de ampliación da Biblioteca Pública Municipal ubicada no complexo do CEIP de Beariz. Leva funcionando desde o ano 1998 e o seu horario de apertura ao público é de 09,00 a 14,00 horas, rexida por Marta Pérez Lamas, licenciada en Xeografía e Historia. 

O número de volumes ascende a 10.636 e na actualidade conta con 869 socios.

Ano tras ano o concello vai ampliando e renovando o seu fondo editorial mediante a adquisición de libros suxeridos polos lectores.

Ademais, esta biblioteca é depositaria dunha importante doazón de exemplares de obras de Leopoldo Durán, amigo íntimo do escritor Grahan Greene. Foron doados pola súa irmá Erundina Durán e son as obras coas que a biblioteca obsequia aos novos socios como regalo de benvida. 

Outra obra importante é o Diccionario Enciclopédico Espasa que foi doado por veciñas deste Concello de Beariz; e conta tamén con diversos libros procedentes da familia de Concepción Arenal que tamén contribuíron a enriquecer esta  biblioteca municipal.

A maiores, os usuarios destas instalacións públicas contan con equipos informáticos adecuados para facilitar a realización de traballos. 

Recentemente, o Concello de Beariz, dentro do plan de mellora da biblioteca, levou a cabo a substitución do seu alumeado interior por outro de tipo LED e agora estudia a súa ampliación.

Segundo apunta o alcalde de Beariz, Manuel Prado, a superficie actual da biblioteca é de 106 metros cadrados, e a iso engádese un almacén adosado que é o que se pretende acondicionar para dar cabida a máis libros e a unha estancia más cómoda dos asociados.

Te puede interesar