O Concello de Castrelo creará unha terceira zona de baño

As augas do encoro de Castrelo de Miño e da zona de Ribeiriño de Prado de Miño recibiron a clasificación sanitaria de boa, o que converte a estes entornos naturais en zonas aptas para o baño.
Neste inicio do ano 2013, o concello acaba de realizarlle a solicitude á Consellería de Sanidade do control dunha nova zona de baño Miño arriba e xa perto do Concello de Ourense, en Astariz-Troncoso, e agarda que as analises realizadas durante este ano 2013 , 'nos permitan disfrutar dunha terceira zona de baño no próximo ano', segundo apunta o alcalde, Xurxo Rodríguez.

A clasificación obtida para o encoro e en Prado 'permite continuar apostando polas actividades náuticas e deportivas, a pesca, e o turismo verde como motores de desenvolvemento económico ', sinala.

Te puede interesar