O Concello de Castrelo imparte clases de ximnasia

Desta maneira, as autoridades municipais animan á cidadanía a asistir a estas clases que se imparten en diferentes localidades

O Concello de Castrelo de Miño puxo en marcha talleres de estimulación cognitiva e ximnasia nos lugares de Macendo, no seu centro sociocomunitario; en Vide, na vivenda comunitaria; e en Barral, na sala de conferencias do albergue municipal. As actividades desenvólvense todos os luns, martes e mércores do mes de outubro. 

Desta maneira, as autoridades municipais animan á cidadanía a asistir a estas clases que se imparten en diferentes localidades para facilitar a participación, sobre todo da xente maior

Así, o centro sociocomunitario da localidade de Macendo abre as portas os luns para as prácticas de estimulación cognitiva e o mércores para a ximnasia, en ambos casos de 16,30 a 17,30 horas.

Na vivenda comunitaria de Vide, ambas actividades desenvólvense os martes, de 10,00 a 11,00, horas a ximnasia de mantemento e seguidamente ata as 12,00 horas a estimulación cognitiva. Os luns e mércores tamén lle toca aos veciños do mesmo núcleo de Castrelo de Miño, que teñen cita no albergue de 18,00 a 19,00 horas.

Te puede interesar