O Ribeiro

O Concello de Cenlle recibiu tres millóns en axudas da Xunta

O Ribeiro

POLITICA

O Concello de Cenlle recibiu tres millóns en axudas da Xunta

Entre os proxectos destacan a creación da piscina flotante en Laias e a apertura dunha casa niño e dúas casas do maior

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu este luns ao alcalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, unha xuntanza enmarcada na rolda de contactos cos alcaldes da provincia que a representente autonómica iniciou o pasado mes de xuño. Marisol Díaz lembrou que, nos últimos catro anos, o municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de tres millóns de euros.

Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a Cenlle preto de 315.000 euros en materia de subvencións; máis de 1,6 millón de euros en convenios; e máis de 1,1 millón de euros pertencentes a outras actuacións. Marisol Díaz destacou, entre outros proxectos, a recuperación ambiental da marxe dereita do encoro de Castrelo, a creación dunha piscina flotante termal no balneario de Laias, a construción de seis vivendas modulares, a posta en marcha de varios obradoiros de emprego, a mellora do abastecemento de Xubín, e a apertura de dúas Casas do Maior e dunha Casa Niño.