O Concello de Leiro arregla o acceso ó barrio de Outeiro, en Berán

O acondicionamento do acceso ó barrio de Outeiro, en Berán (Leiro), foi incluido polo Concello no programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, que está financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). "Ó grupo de goberno do Partido Popular non lle quedou máis remedio que ceder ante as presións dos veciños", sinala o portavoz socialista, Manuel Rodríguez.
 

Este grupo da oposición afirma que si agora se van acometer as obras é como consecuencia dunha campaña de recollida de firmas, mediante a que os veciños reclamaron o acondicionamento do acceso ó barrio. Nese senso, o portavoz do PSdeG recordou que presentaron "as suas reinvidicacións ó pleno através de una moción, e con anteriodidade xa habíamos formulado varias preguntas", engadindo que o alcalde, Francisco José Fernández, só lles respondía "dando evasivas", apuntou Manuel Rodríguez.

Te puede interesar