O RIBEIRO

O Concello de Leiro debatirá sobre o estado da Ponte das Poldras

Segundo o relato de precedentes históricos que fai o PSOE a ponte se utilizaba na Idade Media para transportar o viño desde Ribadavia ata Santiago

O grupo municipal socialista de Leiro acaba de rexistrar una moción sobre "o gran deterioro que esta sendo obxeto a nosa Ponte das Poldras" que se atopa no medio da zona de recreo do Salgueiral.

Segundo o relato de precedentes históricos que fai o PSOE a ponte se utilizaba na Idade Media para transportar o viño desde Ribadavia ata Santiago, e tamen une os núcleos de Leiro e San Clodio, aparte de que "é unha monumental ponte de trece piares, que esta encadrada nunha paisaxe bucólica de gran beleza; foi construida arredor de 1850 para enlazar coa daquela nova estrada Ribadavia –O Carballiño, que cruzaba o Avia pola Ponte San Clodio e non pasaba por Leiro.

"O PSOE denuncia que "un destes piares se esta a esmorecer, xa que ten unhas grandes gretas, tanto no piar como tamén nas lousas que suxeta o mesmo. 

Te puede interesar