O Concello repara as redes de auga veciñais de Ribadavia

As autoridades solicitaron apoio da Xunta e Deputación para executar un proxecto en tres localidades

O Concello de Ribadavia realizou melloras na rede veciñal de auga de Santo André de Camporredondo, xunto coa Asociación Veciñal que a xestiona. “A colaboración das administracións con estas entidades veciñais faise obrigado, pois aínda non sendo municipal falamos dun ben básico”, sinalan os responsables municipais.  

Por iso, tamén colabora con outras entidades veciñais que xestionan o abastecemento e que teñen graves problemas nas súas redes, ben por atoparse envellecidas e necesitadas de reparacións de mantemento, ben porque sofren problemas de auga en épocas estivais.  

O Concello é consciente que a solución ideal e definitiva pasa porque estos servizos pasen a formar parte da rede municipal, pero debe realizarse de forma voluntaria por parte dos veciños e “mentres isto non sucede, desde o Concello aprobamos realizar melloras de mantemento e reparación”, engaden. 

Nesa mesma línea, o Concello tamén coas entidades de as Chabolas, A Groba e O Seixo realizaron melloras na captación e arranxos de motores e bombas do abastecemento, así como na recuperación dunha fosa séptica no Seixo. As autoridades consideran necesario nestes núcleos a execución dun proxecto de abastecemento e saneamento para o que solicitaron a inversión necesaria a Augas de Galicia e á Deputación de Ourense, tras un acordo unánime nun pleno, e contando co respaldo dos veciños.

Te puede interesar