O Concello de Ribadavia apoia aos comerciantes

undefined
photo_camera O alcalde, firmando o convenio coas representantes da asociación.

O concello afrontará os custes da campaña de gastos de envío gratuítos que a asociación puxo en marcha para os seus asociados para o Nadal

A presidenta da Asociación de Establecementos asociados do Ribeiro, Manuela Rodríguez, acompañada da tesoureira da asociación, Cristina Martínez, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, asinaron un convenio de colaboración a través do cal o concello afrontará os custes da campaña de gastos de envío gratuítos que a asociación puxo en marcha para os seus asociados para o Nadal.

O Concello de Ribadavia aportará 7.000 euros, que veñen a sumarse aos 10.000 que xa existían no orzamento municipal, e que levan permitido realizar xa outras campañas de cobertura dos gastos de envío gratuítos do comercio local de Ribadavia como ocurriu durante o confinamento domiciliario que se produciu nos meses de marzo a xuño de 2020. Tanto o goberno municipal como a entidade empresarial avaliaron moi positivamente este convenio. 

Te puede interesar