A Confederación Hidrográfica limpa o entorno do Avia

Labores de limpeza no río Avia.
photo_camera Labores de limpeza no río Avia.
No conxunto estaba acumulada unha importante cantidade de maleza e outros materiales por efecto dos arrastres

A Confederación Hidrográfica acaba de proceder á limpeza do entorno do río Avia nas inmediacións da Ponte das Podras. No conxunto estaba acumulada unha importante cantidade de maleza e outros materiales por efecto dos arrastres. Os labores foron executados polos traballadores da empresa Tragsa, que deixou arranxada toda a zona.
Unha nota do PSdeG-PSOE en Leiro informou de que a acción de limpeza que levou a cabo o organismo que depende do goberno central foi porque o portavoz deste partido "xestiona xunto co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil" esa intervención.


O Grupo Municipal Socialista celebra "a rápida actuación, pero critican o que consideran como deixadez de funcións do alcalde, o que acusan de non preocuparse polos problemas que hai en Leiro e desatender as demandas veciñais", explica Manuel Rodríguez, portavoz socialistas.


Este grupo da oposición engade que agardan "que o Concello de Leiro, gobernado polo PP, faga os deberes e arranxe a Ponte para que non se demore máis no tempoite novos problemas no futuro". 

Te puede interesar