o ribeiro

El Consello Regulador urxe axilidade na lei de mobilidade de terras ao Goberno galego

A futura lexislación beneficiará á comarca do Ribeiro xa que facilitará poñer en produción terreo abandonado

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Casares, valora positivamente o anuncio en días pasados do portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, en relación á futura lexislación sobre mobilidade de terras agrarias que, segundo dixo, beneficiará directamente á comarca do Ribeiro xa que facilitará poñer en produción terreo abandonado. Casado sinala ao respecto que "agardo unha axilidade na súa tramitación, aprobación e posterior aplicación. Aínda así penso que tal lei deberá ir acompañada dunha estratexia global a nivel galego que conxugue a integralidade das necesidades rurais, as potencialidades de cada zona e as ferramentas a implementar". 

Juan Casado tamén apunta que "eu engadiría ademais a posibilidade de mobilizar outras terras, dentro do territorio da Denominación de Orixe, que requiren do consentimento de cambio de uso por parte da Consellería do Medio Rural". E ademais lembra que o Consello Regulador "xa está a dar os pasos necesarios para asegurar o futuro do motor económico da comarca do Ribeiro".  Nese sentido sinalou que se está a actualizar o Rexistro Vitícola do Consello, "xa que levaba uns 25 anos sen facelo e consideramos que esta é unha ferramenta fundamental para coñecer cara onde podemos ir". Asemade, refírese ao proceso de redacción dun Estudo socioeconómico/Plan estratéxico do Ribeiro, impulsado por este Consello Regulador e financiado pola Deputación provincial, "que nos dará unha radiografía exacta do noso estado; nos indicará os problemas que padecemos e nos achegará as posibles solucións aos mesmos".

Te puede interesar