O Conservatorio de Música de Ribadavia comeza en xuño a matricular

Ribadavia.
photo_camera Ribadavia.
A partir de 6 anos, os nenos de Ribadavia pódense matricular en  piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, percusión, violín, viola, trompeta, trombón, trompa, bombardino e tuba

O Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia abrirá o prazo para formalizar a matrícula para este próximo curso 2023-2024 desde o próximo día 15 ata o 30 de xuño.

No caso dos nenos que desexen comezar estudos oficiais no Conservatorio Profesional, deberán ter en conta que a idade mínima para acceder a estudos de grao elemental é de 8 anos, segundo a L.O.E. (Lei Orgánica de Educación 2/2006) .

Na Escola Municipal de Música, a idade mínima requerida para comezar será de 3 anos, onde poderán cursar a materia de Música e movemento, e dende os 6 anos en diante e sen límite de idade poderán optar por calquera dos instrumentos que se ofertan no centro ou calquera das distintas materias complementarias.

Tódolos nenos que teñan 3 anos e queiran asistir ás clases de música e movemento, contarán coa matrícula gratuíta, sempre que estean empadroados no Concello Ribadavia.

Para as persoas adultas que desexen iniciar os seus estudos musicais, contan con horarios adaptables as súas necesidades. A partir de 6 anos pódense matricular en  piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, percusión, violín, viola, trompeta, trombón, trompa, bombardino e tuba. Ademais, hay formación de linguaxe musical, orquestra, banda e informática, entroutros.

Te puede interesar