Coto do Frade rexeita máis minicentrais na provincia

A asociación ecoloxista Coto do Frade, con sede en Ribadavia, vén de presentar unha serie de alegacións ó borrador do Plan Hidrolóxico que elaborou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Limia. Un plan que, según sinalan os responsables do colectivo, 'pretendía ser unha ferramenta útill para evitar a contaminación e degradación dos cauces, para recuperar a calidade dos nosos ríos e evitar actuacións lamentables que se teñen dado nos últimos anos.
Nembargantes, os ecoloxistas do Ribeiro consideran que os encoros son un dos principais causantes da degradación dos sistemas fluviais, facendo de barreira e impedindo o normal comportamento dos cauces, así como tamén impedindo a circulación de especies acuáticas migratorias principalmente. Por iste motivo, solicitan que 'non se concedan máis licencias de explotación hidroeléctrica, de calquera tamaño, para construcción de encoros nos ríos da demarcación hidrográfica Miño-Sil-Limia, e se revoquen as xa concedidas'.


AMIEIROS

Por outra banda, dende Coto do Frade faise mención nas súas alegacións da praga que afecta ós amieiros nos ríos Avia e Arenteiro, e que se extendeu a outras áreas fluviais de Galicia, e que na actualidade está sendo obxecto de investigación polos técnicos da Confederación do Miño-Sil. Ó respecto, os ecoloxistas ribadavienses pídenlle ós responsables deste organismo que, en canto remate o estudio, 'se poñan en práctica as medidas necesarias para atallar canto antes este problema'. Engaden que, 'ademais, esperamos que nas zonas afectadas se fagan repoboacións nas beiras dos ríos con especies autóctonas', ó fin de manter a recuperación da flora tradicional nas beiras dos ríos e a súa futura conservación.

Te puede interesar