premios

A Denominación de Orixe do Ribeiro deu os seus premios coa mirada posta no futuro

OURENSE (MOSTEIRO DE SAN CLODIO). 18/06/2019. OURENSE. Gala de los premios D.O. Ribeiro. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera OURENSE (MOSTEIRO DE SAN CLODIO). 18/06/2019. OURENSE. Gala de los premios D.O. Ribeiro. FOTO: ÓSCAR PINAL

O presidente do Consello Regulador anunciou que nos vindeiros días asinarán o acordo para a disposición da nova sede

O Mosteiro de San Clodio acolleu a oitava edición da entrega de Premios da Denominación de Orixe do Ribeiro, un acto no que tanto os premiados como as autoridades presentes insistirion en mirar cara ó futuro dos viños ourensáns lembrando os pasos dados nos últimos anos que teñen servido para darlle un novo impulso ós caldos do Ribeiro. A través dunha historia que o presentador, Xosé Antonio Touriñán, contou de xeito humorístico xunto coa súa compañeira no acto, Ledicia Sola, púxose de manifesto a importancia que ten adquirido tanto para impulsar económicamente a zona como para levar este aclamado producto ourensán por todo o mundo.

Así o explicou tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, agradecendo o traballo das "mulleres e homes que fan posible o Ribeiro". Na súa intervención, Feijóo lembrou que os viños da comarca "foron quen de superar os tempos escuros do viño e rexurdir" acadando unha importante sona na actualidade. Neste sentido, anunciou que a Consellería de Medio Rural disporá dun orzamento de sete millóns de euros destinado ó sector vitivinícola.

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador, Juan Casares, aproveitou tamén a súa intervención para anunciar que nos vindeiros días asinarán o acordo de cesión que lle permita á entidade dispoñer dunha nova sede para os próximos 35 anos. Casares repasou o traballo realizado no último ano, que pasou por "deter e estabilizar unha débeda que nos comprometía economicamente", así como por traballar en contra do fraude da marca Ribeiro ou recuperar propiedades ata agora paradas. O presidente do Consello Regulador incidiu na importancia que o sector vitivinícola ten para a comarca e reivindicou o papel da entidade que preside como "axente vertebrador e de cohesión do territorio".

A oitava entrega de Premios do Ribeiro contou, además, coa asistencia do presidente de Paradores, Óscar López, a quen o órgano de xestión das adegas quixo recoñecer o traballo de divulgación da denominación de orixe ó incluír os caldos nas súas cartas. Ó recoller o galardón de Honra, López asegurou que "Paradores vai seguir sendo aliado de Galicia".

O adegueiro Emilio Rojo subiu ó escenario para recoller o premio "Vida entre vides". No seu discurso de agradecemento tan só quixo engadir que "o mellor está por chegar". En canto ós galardóns das catas, o premio ó mellor viño tinto colleiteiro foi para "Mónica Albor Mencía", mentres que a súa correspondente categoría en branco recaeu en "Finca Teira". No caso dos viños de adega, o Consello Regulador recoñeceu "Alberte", de Bodegas Nairoa, como o mellor tinto, reservando o recoñecemento do mellor branco de adega para "Pazo do Mar Expresión".

Salientou tamén a intervención da experta en viño María Isabel Mijares, galardoada co premio "Muller e viño", que pronunciou unha frase que chamou a atención mesmo de Núñez Feijóo: "La viña es mujer". Por iso, dedicou o premio a tódalas mulleres que traballan no sector porque "non foi fácil entrar".

Deste xeito, os Premios da Denominación de Orixe do Ribeiro despedíronse ata o vindeiro ano mirando cara ó futuro e reivindicando a unión porque "todos temos algo que achegar na aventura de soster o motor económico desta bendita terra", en palabras de Juan Casares.

VIÑOS
- Mellor branco de adega: Pazo do Mar Expresión 2018
- Mellor branco de colleiteiro: Finca Teira 2018
- Mellor tinto de adega: Alberte 2018 
- Mellor tinto de colleiteiro: Mónica Albor Mencía 2018

ESPECIAIS
- Premio de Honra: Paradores
- Mellor Comunicación: "Labranza" e "O Agro" (TVG)
- Muller e Viño: María Isabel Mijares
- Vida entre Vides: Emilio Rojo
- Mellor tenda especializada: La Sucursal (Lugo)
- Mellor servizo de viño: La Molinera (Lalín)
- Mellor taberna-Bar de viños: Taberna A Curva (Portonovo)

Te puede interesar