o ribeiro

A Denominación Ribeiro abriu o prazo para optar á cata Gallaecia

Os caldos que consigan as mellores puntuaciones pasarán á cata final, que se realizará en setembro con viños xa comercializados

O Consello Regulador do Ribeiro vén de facer a convocatoria para a celebración da cata previa dos Premios Gallaecia correspondentes ós viños desta Denominación de Orixe, e que tamén servirá para confeccionar a Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020. Deste xeito, dende o Consello informouse da apertura do prazo para presentar as mostras na sede deste organismo, fixando un máximo de dúas botellas por marca, que deberán ser entregadas antes das 15,00 horas do vindeiro 24 de xullo, mércores.

Os convocantes do concurso solicitan dúas botellas por referencia de vino embotellado e sen límite de referencias por adega, se ben advirten que non poderán participar viños sen purificar, aínda que sí poderán presentarse viños de añadas diferentes. Así, os caldos que consigan as mellores puntuaciones pasarán á cata final, que se realizará en setembro con viños xa comercializados, adquiridos en tendas especializadas e distribuidores.

O panel desta cata definitiva estará formado por un técnico de cada un dos diferentes consellos reguladores das cinco Denominacións de Orixe existentes en Galicia, e polos sumilleres que xa tiveran participado na maioría das catas previas. Ós catadores informaráselles acerca de se os viños son brancos, tintos ou de vinificacións especiais e de qué añada son.

Te puede interesar