Ribadavia

A Deputación apoia de novo a Festa da Istoria

Miguel GarcIa e Manuel Baltar_result
photo_camera Miguel García, presidente da coordinadora, e Manuel Baltar, durante a reunión.

A "Festa da Istoria" ten acadado importantes recoñecementos, entre os que figuran a “Declaración de Interese Turístico Nacional” ou o Premio “Canle da Historia”. 

A Deputación de Ourense apoia a Festa da Istoria de Ribadavia como un referente cultural e etnográfico en Galicia. O presidente da institución, Manuel Baltar, confirmoulle ao presidente da coordinadora do evento, Miguel García, a colaboración do goberno provincial para seguir potenciando “unha das celebracións que pon en valor a nosa historia”.

A Festa da Istoria recorda a historia da vila de Ribadavia e a súa contorna, achegando as tradicións e vivencias, nunha recreación medieval onde se representan as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais da época. A recuperación deste evento foi un esforzo da xa desaparecida "Escola Taller de Santo Andrés", e a súa testemuña foi recollida polo pobo, representado por unha coordinadora veciñal, contando cun gran número de voluntarios. A "Festa da Istoria" ten acadado importantes recoñecementos, entre os que figuran a “Declaración de Interese Turístico Nacional” ou o Premio “Canle da Historia”. 

Te puede interesar