Derrube dun acceso na parroquia de Prexigueiro

uploaded_prexi2
photo_camera Imaxe que amosa o derrube da zona de Prexigueiro.

O grupo municipal Ribeiro en Común solicita ao goberno de Ribadavia a través do rexistro municipal unha serie de medidas urxentes para a Vila Termal de Prexigueiro, "parroquia que se atopa totalmente abandonada por este goberno a pesar de ser un dos principais referentes termais da provincia", sinala.


Este grupo refírese ao derrube dun vial que leva meses sen solución. "O noso grupo reclamouno no pleno pasado e continúan desde o goberno sen dar unha solución", e aseguran os concelleiros desta formación política que "nin o orzamento nin nigunha outra excusa serve, xa que hai dispoñible unha partida para arranxos de este tipo e por suposto o ofrecemento de todos os grupos para facilitar o seu arranxo".  Nese sentido apunta "á deixadez e despreocupación do goberno municipal".


Ribeiro en Común tamén solicitou unha xuntanza do Padroado da Fundación Vila Termal Prexigueiro, co obxectivo de establecer un dialogo coa empresa concesionaria das termas para o arranxo da zona exterior.

Te puede interesar