Destinan 50.000 euros a retirar as árbores enfermas do río Avia

Árbores secas no cauce do río Avia.
A Confedereción Hidrográfica Miño-Sil iniciará no próximo mes de novembro os traballos de tala e retirada das árbores afectadas polo fungo 'phytophthora', nas ribeiras do río Avia ao seu paso polo Concello de Ribadavia. Así o manifestou o portavoz do PP, César Fernández, quen declarou que mantuvo o pasado xoves unha reunión co presidente, Francisco Marín, na que lle confirmou a referida intervención, tras obter a correspondente autorización da Xunta.
'Esta actuación ven a complementar a que se levou a cabo hai unhas semanas nas ribeiras do Maquiáns, polo tanto, o organismo responsable desta conca fluvial está a traballar a reo para intentar resolver o grave problema que afecta aos nosos ríos e para minimizar as posibles consecuencias que se poidan derivar das enchentas do caudal', sinalou. O portavoz popular insiste en que esta iniciativa é o resultado da demanda do seu grupo, lembrando unha moción do mes de setembro do 2011, que fora apoiada polos outros dous grupos da Corporación: PSdeG e BNG.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, mostrábase indignado por la actitude do PP de apuntarse un logro que é resultado da xestión do grupo de goberno, que remitiu máis de 15 escritos á Confederación Hidrográfica alertando sobre o grave problema. O rexidor afirma que esta intervención non vai a solucionar nada, porque só se invirten 50.000 euros para retirar 'as árbores máis dañadas de dous tramos do Avia, cando está todo o cauce afectado e tamén o Miño e o Arenteiro'. Acusa ós populares de 'poñerse medallas cando a situación dos ríos é lamentable e non se prevé facer unha intervención integral que é o que necesitan'. Blanco insiste en que hai que talar as árbores enfermas, limpar e plantar outras especies ás que non afecte a plaga.

O portavoz do BNG, Anxo Collarte, tamén replicou ante a actitude do PP, matizando que 'entre as enmendas que fixemos ós presupostos do Estado propuxemos unha partida para sanear os ríos e non aceptaron'.

Te puede interesar