A disposición do público 2.500 bonos de 10 euros no Concello de Ribadavia

photo_camera César Fernández, Clara Loeda, Nicolás Álvarez e Yolanda Gómez.
Campaña de dinamización do consumo no comercio local "Ribadavia chea de vida"

Desde onte poden descargarse os bonos desconto que o Concello de Ribadavia pon a disposición da veciñanza a través da campaña de dinamización do consumo no comercio local "Ribadavia chea de vida". Con esta campaña póñense en circulación dous mil cincocentos bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Ribadavia adheridos á campaña. 

Os bonos poderán descargarse na web www.ribadaviacheadevida.com e cambiarse no comercio ata o 31 de decembro coma data límite. O único requisito para poder acceder a eles é estar empadroado en Ribadavia e ser maior de idade.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que "con esta campaña pretendemos poñer en circulación 25.000 euros que permitirán activar o consumo no comercio local", recordando que "desde o concello lévanse destinado máis de 100.000 euros en axudas directas e campañas de dinamización", para paliar os perxuicios ocasionados polo covid-19.

Te puede interesar