O Ribeiro

A DO Ribeiro, líder na transformación do viño

Presentou o 40 por cento das solicitudes de axudas para esta finalidade

O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu onte o pleno extraordinario do Consello Regulador da Denominación de Orixe, acompañado polo director da Axencia Galega de Calidade Agraria, Manuel Rodríguez. O representante autonómico tamén visitou as instalacións da cooperativa vitivinícola do Ribeiro e da adega Valdavia.

Na súa visita á zona, González puxo en valor a Denominación como a mais antiga de Galicia e como a primeira da provincia polo seu dinamismo económico, sendo superada solo por Rías Baixas. Neste senso, salientou que foi recoñecida como tal no 1932 e que as súas cifras de viticultores -máis de 5.700-, adegas -114-, superficie certificada -2.200 hectáreas- e volume de viño comercializado -máis de 87.000 hectolitros en 2017- sitúana nese lugar "preferente".

O conselleiro tamén abordou os datos relativos ás axudas para a transformación do viño. Nesta liña, as presentadas na convocatoria deste ano no Ribeiro supoñen preto do 40% de todas as que se rexistran na provincia de Ourense e representan máis do 15% no conxunto de Galicia. Dende esta denominación presentaronse 13.

O presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, sinalou o seu agradecemento "polo ánimo constructivo do conselleiro" e apuntou que se lle trasladou "a necesidade de facer produtivas as terras baleiras e máis apoio para os controis no seo do Consello".

Te puede interesar