Feminismo

Dous obradoiros tratan a igualdade de xénero en Ribadavia

O Concello desenvolve actividades a prol da igualdade real entre homes e mulleres para concienciar aos nenos da importancia de defender a igualdade real e efectiva

O Concello de Ribadavia desenvolve actividades a prol da igualdade real entre homes e mulleres para concienciar aos nenos da importancia de defender a igualdade real e efectiva. Neste contexto enmárcanse as actividades que se celebrarán hoxe no instituto de Ribadavia, onde se desenvolverá un obradoiro de danza contemporánea, mediante o que se pretende recoñecer parámetros de relacións inxustas herdados do pasado e traballar modos de relacións baseados na confianza, no outro e na igualdade. 

Ademais, neste mesmo obradoiro desvelarase o contido machista existente en letras de cancións e músicas actuais e crearase unha coreografía colectiva para o desenvolvemento da cohesión grupal e as capacidades artísticas dos participantes. Esta actividade está destinada a nenos de cuarto da ESO.


Casa da Cultura


Por outra banda, tamén nesta xornada de venres terá lugar un segundo obradoiro sobre igualdade de xénero, neste caso dirixido a nenos de 11 a 16 anos. Será ás 20,00 horas, na Casa da Cultura.

Os responsables municipais consideran que na educación dos rapaces está unha gran parte do éxito no cambio de actitudes e por iso trasladan iniciativas ao centro educativo, ao mesmo tempo que as desenvolven nunha instalación municipal.

Te puede interesar