o ribeiro

Ás dúas vivendas habilitadas en Cenlle só lles faltan mobles

vivenda familiar de Esposende.
photo_camera Interior da cociña da vivenda familiar de Esposende.

As obras de rehabilitación da antiga escola da parroquia de Esposende, no municipio de Cenlle, para acoller unha vivenda e un apartamento de titularidad municipal xa concluíron nos pasados días. O alcalde, Gabriel Alén, suliña que "unha vez rematados os traballos tanto no interior coma no exterior do inmoble, tan só estamos pendentes de dotar de mobiliario ás dependencias".

Ademais,a Corporación municipal de Cenlle deu antronte o visto bó á adhesión do Concello ó programa de Vivendas Baleiras daXunta, "de xeito que o goberno galego encárgase de contratar un seguro multirrisco para o inmoble e os seus futuros ocupantes, e éstas entran no rexistro de demandantes de vivenda da comunidade autónoma".

Esta iniciativa do Concello xurdiu o ano pasado co obxectivo de fixar e, na medida do posible, gañar poboación no municipio, xunto con outros proxectos parellos de oferta de vivendas tamén desenvolvidos polo goberno municipal co apoio da Xunta. O edificio de Esposende dispón de baixo e unha planta, que suman 250 metros cadrados, e que acollen unha vivenda familiar con salón, cociña e tres dormitorios e outra tipo apartamento.

O proxecto correspondente levouse a cabo en dúas fases e supuxo un investimento total de 105.000 euros, cunha financiación do 90% aportada ó traverso dunha  subvención do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que aporta el 90%, mentres o Concello de Cenlle encargouse do 10% restante.

Te puede interesar