Os ecoloxistas de Adega alegan contra a canteira de Castrelo

A asociación ecoloxista Adega posicionase en contra da ubicación dunha canteira en Castrelo de Miño e presenta alegacións ó proxecto sectorial desta extracción de granito, basándose en que o Plan Xeral de Ordenación Municipal contempla a zona como solo rústico de protección de espazos naturais por estar nas ribeiras do Miño.
Os ecoloxistas consideran que a execución deste proxecto causaría importantes perxuizos no ámbito medioambiental, no patrimonio e incluso nas augas. Reclaman que sexa anulado o procedemento para a aprobación do plan sectorial iniciado pola Xunta.

Te puede interesar