URBANISMO

A economía social aséntase en Ribadavia

Ribadavia 15/5/24
Reportaje tesoros escondidos Ribadavia
Barrio judío
Fotos Martiño Pinal
photo_camera Ribadavia 15/5/24 Reportaje tesoros escondidos Ribadavia Barrio judío Fotos Martiño Pinal
O concello encargou a reposición das plantas de tódalas rúas a un centro especial de emprego sen ánimo de lucro

O concello de Ribadavia vai proceder á reposición das plantas dos maceteiros e xardineiras existentes nas rúas, coa plantación de 25 unidades de aligustre e 688 de surfinias, que será levada a cabo por un centro especial de emprego sen ánimo de lucro, concretamente a empresa Dixardin, un dos socios de Cegasal (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego). O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta actuación o concello consegue un dobre obxectivo, dunha banda mellorar a imaxe das nosas rúas de cara o verán, unha época na que a afluencia de visitantes medra exponencialmente e, doutra banda, reforzamos o noso compromiso co terceiro sector, o sector da economía social”.

Adiantou que “neste mandato queremos que o Concello de Ribadavia se converta nun referente da economía social na provincia e, para iso, faremos unha forte aposta por traballar con empresas do terceiro sector sen ánimo de lucro, xa que cremos firmemente na filosofía dos centros especiais de emprego e entendemos que as administracións e, neste caso os concellos, temos que poñer todos os nosos medios para a loita contra as desigualdades”.

Te puede interesar