O Emega financia unha farmacia con 20.000 euros

uploaded_castrelo_resultado
photo_camera uploaded_castrelo_resultado
Con tal motivo, a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitou unha farmacia emprazada en Castrelo de Miño que presentou un dos proxectos que contou co apoio do Programa Emega

Co Programa Emega foron subvencionados na provincia de Ourense 26 proxectos liderados por mulleres, que contaron con axudas por importe de 260.000 euros e que permitiron a creación de 35 empregos femininos, dos que 27 son por conta propia e oito indefinidos por conta allea. Con tal motivo, a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitou unha farmacia emprazada en Castrelo de Miño que presentou un dos proxectos que contou co apoio do Programa Emega. Concretamente recibiu unha subvención de 20.000 euros da liña Emprende.

Por outra banda, dentro da mesma comarca do Ribeiro, Díaz Mouteira, tamén visitou Cortegada para comprobar a instalación de dúas novas marquesiñas na OU-193, acompañada polo alcalde, Avelino de Francisco. A súa instalación enmárcase dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, que pretende acadar un transporte público que responda ás necesidades dos cidadáns e que prevé colocar 150 novas instalacións na comunidade.

Te puede interesar