O Ribeiro

Os empadroados en Ribadavia terán descontos nas matrículas do Conservatorio

O Ribeiro

formacion

Os empadroados en Ribadavia terán descontos nas matrículas do Conservatorio

Os descontos tamén se aplicarán para os alumnos da Escola de Música 

As taxas de matriculación, exames e asignaturas que se imparten no Conservatorio e na Escola de Música municipais de Ribadavia subirán no vindeiro curso académico según o IPC, se ben o estudantado empadroado no municipio e as familias numerosas terán bonificacións. Así, o Concello ribadaviense contempla un 25% de desconto no primeiro caso e un 20% no segundo, nos dereitos de matrícula e exame do grao elemental no Conservatorio, cunha taxa de 263 euros, e do grao medio, que é de 300 euros, mentres a primeira matriculación e apertura de expediente fíxase en 12 euros, e 60 euros para o paso a grao medio.

Para a Escola de Música, os residentes en Ribadavia abonarán 145 euros na asignatura de Música en Movemento, reservada para nenas e nenos de entre tres e oito anos, e 245 os maiores de oito anos no resto de niveis de coñecemento, manténdose o desconto do 20% para alumnos de familias numerosas.

Ademais, o Concello de Ribadavia anuncia que "nos supostos excepcionais que os servizos de asistencia social así o aconsellen poderán formularse á Alcaldía propostas de redución de tarifas en función da capacidade económica dos obrigados ao aboamento". Engaden que tamén poden beneficiarse económicamente alumnos destacados e integrantes do coro e da banda do centro educativo.

Más en O Ribeiro