TEATRO

A escea baixou ás rúas da vila

Ribadavia 20/7/19
Teatro MIT Ribadavia
Brimborions

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Espectáculo na rúa da compañía francesa Brimborions - Picto Facto.

O circo temático fíxose co público do Castelo, mezclando danza e teatro físico no seu espectáculo

A compañía francesa Brimborions - Picto Facto ofreceu onte un espectáculo de rúa en dous pases, conseguindo facer a Ribadavia partícipe da Mostra de Teatro Internacional, percorrendo toda a vila en motos con moito colorido e globos. Foi a primeira actuación desta nova xornada do festival, que se iniciaba co curso dirixido a profesionais da escena sobre "Teatro Documento", con Alicia Laguna, e que se prolongará ata o próximo mercores, contando tamén con Marian Bañobre.

inTarsi da compañía de circo Eia, de Cataluña, agotou as entradas anticipadas ao igual de a galega Pistacatro, prevista para o día 23, que actuará coa Banda La Lira de Ribadavia.

Circo Eia ofreceu no Auditorio do Castelo un espectáculo mezcla de danza, circo e teatro físico, abordando como temática as novas masculinidades. Trátase dunha compañía de ámbito internacional procedente de Cataluña onde existen moitas e variadas relacionadas co circo.n

Te puede interesar