A Escola 'A Ribeirana' prepara a terceira ruada

A Escola de Música Tradicional do Ribeiro 'A Ribeirana' celebrará a súa terceira ruada o próximo día 2 de febreiro no Club Artístico de Ribadavia. O serán comezará ás 20,00 horas cun obradoiro de iniciación ó baile tradicional, para a continuación empezar a festa na que haberá comida e bebida na barra a prezos populares, e moitas actuacións musicais.
A ruada está aberta a tódolos músicos e grupos que desexen participar. A organización compesaraos cunha boa cea, ademáis de ofrecer a tódolos asistentes chocolate e bica a partir da medianoite para repoñer forzas e seguir a festa de madrugada.

Os asistentes terán a oportunidade de participar no sorteo dunha boa lote de productos, para o que 'A Ribeirana' conta coa colaboura de diversas casas comerciais e adegas, entre outras empresas, que aportan dende un xamón, unha cachucha, alimentos conxelados, embutidos, e como era previsible un bo número de estuches de diferentes marcas de viño desta Denominación de Orixe Ribeiro, que tamén entrarán no sorteo.

Outra das ofertas é de dúas entradas para as termas de prexigueiro, na que se inclúen masaxes relaxantes para dúas personas e o aloxamento por unha noite nunha casa rural.

En total, colaboran nesta III Ruada da Escola de Música Tradicional 'A Ribeirana' ó redor de cinco establecementos comerciais, tres adegas e unha axencia de aviaxes, entre outros.

A organización anima ós veciños a disfrutar deste serán popular, que vai ganando adeptos en cada edición.

Te puede interesar