Proxecto

A estación de Ribadavia convertirase en albergue

Un anteproxecto do concello prevé unha dotación pública de 32 prazas

O Concello de Ribadavia plantea a construción dun albergue na estación de ferrocarril. Así se recolle nunha nota da institución na que se alude a que proxecto chamarase Albergue Estación Liberdade. Contempla a recuperación como albergue da estación de ferrocarril e adecuación da contorna, "coa introdución dunha materialidade máis acorde ao medio coa introdución da vexetación e a reconstrución do quiosco das irmás Touza, permitindo tamén recuperar a memoria senlleira desta estación de tren a través da figura destas irmás que axudaron a moitas persoas a escapar da persecución Nazi", segundo o relato da iniciativa que fai o goberno local.

montaje HORIZONTAL_resultado

O albergue contará con 32 prazas, será un edificio accesible, bioclimático e con pegada de carbono negativa, tal e como reflicte a proposta. O concello indica que a reforma converterá a edificación nun albergue polivalente "con programa aberto e adaptatado ás circunstancias e requerementos sanitarios actuais en canto á hixienización, deseñandose cada praza coma unha cápsula estanca e segura ante calquera axente ambiental". 

A inversión total, tal e como recolle o anteproxecto, será de 822.808 euros, correspondendo 654.052 á reforma do edificio da estación e 168.756,28 á contorna, incluindo urbanización e reconstrucción do quiosco das Irmáns Touza. 

Te puede interesar